lunes, 21 de marzo de 2022

Charla sobre acceso á universidade


O pasado venres 18 de marzo o alumnado de 1º e 2º Bach tivo unha charla na que se lles informou e charlou con eles sobre o acceso á universidade.  

Impartiu á charla Javier López, profesor da Universidade de Santiago  (USC), enxeñeiro que imparte clase no campus de Lugo e é colaborador do Programa A Ponte.  

lunes, 14 de marzo de 2022

Iluminación de espectáculos

 


O pasado xoves 10 de marzo alumnado de 2º STI (Sistemas de Telecomunicación e Informáticos) trasladáronse ata Caldas, xunto cos seus profes Daniel Ríos, Carmen Gallego e Guillermo Antón para realizar unha visita didáctica sobre iluminación de espectáculos. 

domingo, 13 de marzo de 2022

Máis 8M: Aulas en feminino e exposicións

2º ESO A

Tendo de fondo o 8M inauguramos unhas pouquiñas novas aulas en feminino, coa idea de coller impulso e seguir enchendo o centro de nomes de mulleres. 

Desta volta puxémoslle nome á:

martes, 8 de marzo de 2022

Kahoot 8M

 

Como parte das actividades realizadas no centro polo 8 de marzo, día das mulleres, onte luns 7, participamos nun Kahoot proposto pola ONG Taller de Solidaridad

Participaron varios grupos de 1º, 2º e 3º ESO no Quiz virtual "Questionate: 8 mensajes, 8 mujeres, 8M" organizado pola Fundación Taller de Solidaridad (@fundaciontds e dirixido por @Jazminjazzsoul con preto de 40 centros de toda España e con varios dos nosos equipos nos primeiros postos.

Aprendemos, valoramos, divertímonos... todo xunto. 

viernes, 4 de marzo de 2022

Visita á EDAR

O alumnado de 2º Bach realizou onte, 3 de marzo, unha visita guiada á empresa supramunicipal  EDAR- Bens (Estación Depuradora de Augas Residuais), grazas a que puideron coñecer o ciclo da auga, desde que sae dos fogares ata que chega á planta de tratamento. Temén falaron das liñas de investigación que se seguen, entre elas as relacionadas co COVID.