domingo, 16 de junio de 2024

Guiando pola exposición Océano Lugrís

O pasado martes 4 de xuño foi un día intenso para o alumnado que se estivo formando durante gran parte do curso -baixo a batuta de Cristina de la Torre- para facer a visita guiada polos sete módulos que conforman a exposición Océano Lugrís que temos no centro desde o 2014-15.

Primeiramente recibimos ao alumnado de 6º primaria do CEIP Sagrada Familia, que o curso que vén será alumnado do noso centro. Alumnado de 1º ESO B amosoulles en grupo as principais espazos do centro relacionados co aspecto académico e a continuación o alumnado que se formou co contrato programa Innova (Eduexcelencia) o Océano Lugrís.


 





E non acabou aquí a cousa, posto que logo chegou alumnado do IES Rafael Dieste (axudantes de biblioteca), ensinóuselles a exposición completa e logo foron en bus ata o castelo de San Antón e outros lugares de Coruña relacionados co pintor Urbano Lugrís. 




domingo, 2 de junio de 2024

En honor a Luísa Villalta (Aulas en feminino)



O pasado martes 28 de maio tivo lugar un precioso acto no que participou alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato en homenaxe a Luísa Villalta. 
A profesora de Economía Montse Dopico, e autora de "Abonda con vivir", guiou o acto, facéndolle  unha entrevista á profesora de música Beatriz López-Suevos, quen foi compañeira de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, e completando ao final cunha charla sobre ela. 
No acto tamén participou alumnado de 4º ESO. Miao Chen tocou varias pezas ao violín acompañada de Beatriz López- Suevos ao piano. Foron pezas musicais que lle gustaban a Luísa Villalta, que era moi boa violinista. E así mesmo houbo un pequeno recital de poemas da autora homenaxeada. 
Acabamos o acto inaugurando unha aula en feminino (a 201) co nome de Luísa Villalta.