miércoles, 22 de junio de 2022

Premios Aulas ben coidadas, e Feliz verán!

O mesmo día do Torneo de xadrez intercentro entregamos os premios finais ás Aulas mellor coidadas. Estas foron as ganadoras: 


    1º premio: 1º Bach (o premio consiste nunha excursión a principios do próximo curso)

    Mención de honra: 1º FPB Electricidade e electrónica

    Mención de honra: 3º ESO A


Aproveitamos para desexar un moi bo verán a toda a comunidade educativa.

Volvemos a vernos o 8 de setembro!


martes, 21 de junio de 2022

VI Torneo de xadrez intercentros

O xoves 16 de xuño foi unha xornada moi festiva :)

Celebramos o torneo de xadrez intercentro, coa participación do IES Rafael Dieste e o IES Wirtz. 

Co mestre de xadrez Jacobo Caselas aprendimos sobre o xadrez, fixemos partidas simultáneas e unha partida a cegas. 



sábado, 11 de junio de 2022

Visíta do alumnado de 6º primaria

Este pasado xoves 9 de xuño recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Sagrada Familia, un alumnado que a partir de setembro será do noso centro. 

Desta volta o alumnado de 6º, acompañado polas súas profesoras, foi recibido por un grupo de "guías" de 1º ESO A que lles levou por  gran parte do centro, vendo os sete módulos da exposición "Océano Lugrís" que temos no centro. 

O alumnado de 1º ESO A levaba tempo preparando esta visita, xunto con Cristina de la Torre e a súa titora Ángeles Castro. Tiveron que memorizar textos, ensaiar e coordinarse moito... Ao final, o resultado foi para aplaudir. Logo da visita explicóuselles no salón de actos un pouco sobre o funcionamento do centro e acabamos tomando uns bocatas na cafetería. 

Esta actividade está enmarcada no Contrato Programa Inclúe, na liña Quéda-t.

Unha boa experiencia, que esperamos repetir -mellorada- o próximo curso!


viernes, 10 de junio de 2022

FPB Electricidade ensina o seu taller (2)

O pasado martes 7 de xuño o alumnado de 1º FP Básica de Electricidade amosou o seu taller aos seus compañeiros e compañeiras de 1º ESO. Fixérono de novo, magníficamente ben. 

Foi todo un orgullo velos presentar, expoñer e facer prácticas co alumnado máis novo do centro. 

miércoles, 8 de junio de 2022

Charla coa historiadora Daniela Ferrández


O luns 6 de xuño, durante o mes do orgullo, visitounos Daniela Ferrández para falarnos dunha temática moi interesante e importante que trata no seu último libro A defunción dos sexos, a historia das persoas disidentes sexuais na Galiza contemporánea. 

Ás veces cando falamos de persoas LGTBI+ en xeral e de persoas trans en particular, parece que é algo moi novo e moderno, pero a realidade é que estas persoas levan estando na historia dende sempre, moito máis do que pensamos. Daniela falounos de tempos da II República, e por ese entón xa había moitos referentes. Tamén mencionou que a medida que pasaron os anos da ditadura franquista, a represión foi aumentando, e destacou unha idea moi importante sobre a historia; non é unha liña recta dende o inferno ata o paraíso na que as cousas sempre van a mellor a medida que pasa o tempo, senón que ten importantes altibaixos, por iso nunca podemos dar por garantizados os nosos dereitos e debemos seguir loitando por eles. 

Esta actividade forma parte do Club de lectura e tamén do Contrato programa Iguála-t.

Inauguramos unha nova aula en femenino no seu honor e a nosa biblioteca acolle exemplares do seu libro. Moitas grazas, Daniela!

(Narrado por Aura Gutiérrez Carollo)

lunes, 6 de junio de 2022

FPB de Electricidade ensina o seu taller (1)

 


O pasado xoves 2 de xuño  o alumnado de 1º FP Básica de Electricidade amosou o seu taller aos seus compañeiros e compañeiras de 2º ESO A e B e 3º ESO B. Apreciamos o ben que prepararon esta exposición e o ben que explicaron de forma práctica o que fan e aprenden nos diferentes módulos do seu curso.