sábado, 26 de febrero de 2022

Entroido no Lugrís

 
 Ao fin neste curso puidemos volver celebrar o Entroido, con concurso incluido. Por sorte, o ambiente festivo contaxiou a todo o mundo e puidemos desfrutar de desfile de disfraces, concurso, premios e tamén un pouquiño de tempo ao aire libre. 
Moitas grazas a todos pola participación, incluidas conserxes e administrativos! E, por suposto tamén ás rapazas e rapaces de 3º ESO e algún outros que tanto axudaron a decorar o centro para a ocasión :)

Aquí podedes ver máis fotos do Entroido

No concurso, o xurado composto polos profes: Borja Rodríguez, Susana Barreiro e Pedro Lopez decidiu que os reñidos premios foran para: 

viernes, 25 de febrero de 2022

Obradoiros Iguála-t con Arelas

O pasado xoves 24, parte do alumnado do IES Urbano Lugrís tivo a sorte de recibir unha charla sobre diversidade sexual e de xénero por parte de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. Esta organización galega de familias de menores trans traballa e loita polos dereitos e liberdades dos menores trans en todos os ámbitos da súa vida.

Cristina Palacios explicou ao alumnado, entre outras cousas, qué é ser intersexual e os diferentes tipos de intersexualidade, así coma as patoloxizantes prácticas que aínda a día de hoxe realízanse en todo o Estado aos bebés intersexualis para tratar de encaixalos nun binarismo tan dañino.

Tamén explicou a realidade trans na infancia. Falounos da súa filla, Sara, que xa sabía a súa identidade de xénero dende os 4 anos, e contounos diversas anécdotas, moitas delas desgraciadamente dolorosas, coas que moitos nenxs poden sentirse identificadxs.

jueves, 24 de febrero de 2022

Día de Rosalía


Este curso celebramos o día de Rosalía o mércores 23 de febreiro (agora que sabemos que o seu nacemento foi o 23 e non o 24 de febreiro de 1837 como se cría ata hai ben pouco) con música e imaxes durante o recreo. 

Na entrada do centro escoitamos algúns dos poemas máis nomeados de Rosalía, musicados de moi variadas maneiras: rap, flamenco, música melódica...

Tamén escoitamos a compañeiros de cursos anteriores recitando a Rosalía en todos os idiomas do centro. 

Durante toda a semana tivemos unha exposición sobre Rosalía con material da Agrupación Io

Lara, Valeria, Jorge, Sofía e Pablo, de 4º ESO foron os encargados de presentar o acto de homenaxe a Rosalía. 


sábado, 19 de febrero de 2022

Rocódromo de Riazor. 4º ESO

 Este venres 18 de febreiro, os alumnos/as de 4º de ESO levaron a cabo unha actividade do Departamento de Educación Física: escalaron o Rocódromo de Riazor acompañados polos profesores Susana García e Borja Rodríguez.








Como vedes nas fotos, superaron todo un desafío. Parabéns aos valentes!

viernes, 18 de febrero de 2022

Teatro Novelas ejemplares

O alumnado de 2º ESO de teatro asistiu hoxe 18 de febreiro, xunto co grupo de 1º Bach, no Ágora, á representación da adaptación ao teatro de dúas novelas exemplares de Cervantes: "La española inglesa" e "Las dos doncellas". 

Excelente interpretación e posta en escena de grandes actores cheos de enrxía e amor polas táboas. 

Viva o teatro!

miércoles, 16 de febrero de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER NA CIENCIA

 





O pasado 11 de febreiro, Día da Muller na Ciencia,o alumnado de 2º ESO levou a cabo unha actividade de conmemoración da data. A continuación temos o texto elaborado polos alumnos/as:


Gracias a nuestra profesora Beatriz hemos conseguido realizar el día de la niña y la mujer en la física.
Nos dimos cuenta de que lo importante no era celebrar el día de la niña y la mujer en la física,sino,demostrar a los demás que las niñas y las mujeres tienen completamente los mismos derechos que los hombres.
Acababa de sonar el timbre y nos dimos cuenta de que era el día de la física; nuestra profesora Beatriz propuso una actividad para celebrarlo.
Todas las niñas y varios niños de la clase 2A aportaron un montón de ideas. Nos sorprendió bastante que en tan poco tiempo pudiéramos hacer esta actividad.
Empezamos poniendo en el proyector un poco de información de la gran científica Margarita Salas.
Llenamos la pizarra de dibujos, muchas fórmulas y partes de la física, las matemática,genética,biología y química,hicimos carteles con los nombres de todas las niñas.Despues de tener todo preparado sacamos una foto para recordar ese maravilloso momento.


sábado, 5 de febrero de 2022

En conmemoración das vítimas do holocausto


Con motivo do 77 aniversario da liberación do campo Auschwitz-Birkenau, o noso IES, e especialmente a Comisión de Igualdade do centro, conmemorou este 27 de xaneiro, o DÍA DAS VITIMAS DO HOLOCAUSTO cunha exposición de fotos sobre o tema e outra de carteis, máis concreta sobre Mathausen, esta última proporcionada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).


Como complemento ao préstamo dos carteis, dita asociación ofreceunos unha charla o 1 de febreiro, á que asistiu o alumnado de 1º ESO A e FPB I Informática de Oficina. Os poñentes foron Dona Carmen García Rodeja, presidenta da ARMH e Don José Luis Alamán, neto de Martín Ferrerio Álvarez, deportado e morto en Mathausen o 27-11-1941, membro da última corporación municipal democrática da Coruña, presidida por Alfredo Suárez Ferrín, asasinado o 31 de agosto de 1936.

 

 (Podedes ver máis fotos en "O holocausto visto no Lugrís"