viernes, 23 de diciembre de 2022

Entrega de premios en Nadal

 

Rematamos o primeiro trimestre coa entrega de premios do Club de Ciencias, Aula de Emprendemento, Aulas Mellor Coidadas e Concurso de Microrrelatos.

Os premiados no Club de Ciencia foron : 

1º Premio: Sandra Suárez Rodríguez. 2º Premio:  Leo Vega Colmeiro. 3º Premio: Tania Fernández Blanco 


lunes, 12 de diciembre de 2022

Saída a Ourense


 O pasado mércores 7 de decembro o alumnado de  2º Bach foise de excursión a Ourense, como premio por ter ganado o concurso de Aulas ben coidadas do pasado curso. 

Visitaron a catedral de Ourense, pasearon pola cidade e déronse un baño nas termas.

 Acompañaron ao alumnado as profesoras Susana García e Mar Pérez.

Aquí podedes ver fotos:

lunes, 5 de diciembre de 2022

Senda azul, camiño ao respecto

 


O xoves 1 de decembro o alumnado de 1º ESO levou a cabo unha andaina que tiñamos prevista para o día 24 de novembro con motivo da conmemoración, o 25,  do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os alumnos/as, acompañados polas profesoras Carmen Delgado e Susana García, fixeron unha andaina entre Sabón e Valcovo.