martes, 26 de abril de 2022

5 de abril: DÍA DO ADN

  

O Departamento de Bioloxía traballou nunha actividade con alumnado de diferentes niveis para conmemorar o 25 de Abril, Día do ADN: A ÁRBORE DOS RASGOS XENÉTICOS.

Expuxeron o seu traballo na entrada do instituto, como podedes ver nas fotos:

domingo, 24 de abril de 2022

Pavillón "Sofía Toro"

Este pasado xoves 21 a deportista Sofía Toro estivo no noso centro para inaugurar o nomeamento do noso pavillón co seu nome, seguindo co proxecto de Aulas en feminino, que xa leva unha andaina de tres cursos. 

Sofía, respondendo a preguntas do alumnado, contounos moitos detalles do deporte de vela, da súa rutina de adestramento, dos seus valores, das viaxes, das súas rivais australianas, da competición nas Olimpiadas de Londres que lles conduciu, a ela e as súas compañeiras, a obter a medalla de ouro olímpica. Foi moi natural, cercana, amena e interesante para o atento alumnado de 2º ESO que lle escoitaba e tamén para o profesorado que a acompañamos no acto. 

Esta actividade forma parte do Contrato programa Iguála-t.

miércoles, 6 de abril de 2022

Participamos en Imaxina e ganamos un premio

 

O pasado sábado 2 de abril dous grupos do Club de ciencia participaron na exposición e concurso Imaxina na Domus. Un sobre reciclaxe de plásticos e outro sobre termoformado en plásticos.

O equipo de  Reciclaxe de plásticos  ganou o premio ao compromiso social. Foi un día cheo de emocións e orgullo!

sábado, 2 de abril de 2022

Estivemos na mostra de orientación profesional de Oleiros

O pasado venres 25 de marzo o noso centro participou na Xornada de Orientación académica e profesional para o alumnado de secundaria que tivo lugar no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. O profesorado da familia de Electricidade e electrónica ofreceu experiencias moi interesantes do que se fai nos ciclos que impartimos no noso centro. 

Aquí podedes ver imaxes do evento e tamén o vídeo de presentación dos nosos ciclos formativos elaborado pola profesora Marta Armesto. 


viernes, 1 de abril de 2022

I SEMANA CULTURAL DA ENERXÍA

 A semana do 21 ao 25 de marzo celebramos a primeira SEMANA CULTURAL, centrada no tema da enerxía.



Todo o alumnado participou en diversas actividades relacionadas co tema central nas súas variantes: a enerxía eléctrica, solar, a do mar, a artística, a vital...