viernes, 29 de octubre de 2021

CONCURSO DE DOCES DE HALLOWEEN E SAMAÍN



                                                     

Os Departamentos de Inglés e Francés celebraron hoxe o Halloween e o Samaín coa convocatoria dun concurso de doces relacionados coa festividade.

Os alumnos/as de todos os cursos puideron participar, elaborando o doce e adxuntando a recita en castelán, galego, francés ou inglés.

Aquí empezaban a chegar os primeiros doces:

martes, 26 de octubre de 2021

Onde estamos os homes? Do silencio cómplice á responsabilidade

 

O pasado luns 25 de outubro o alumnado de 4º da ESO escoitou unha charla  sobre a situación das relacións entre mulleres e homes e as novas masculinidades impartida por Octavio Salazar, profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Córdoba.


Octavio Salazar Benítez estivo estes días na Coruña e realizaou varias entrevistas, charlas e obradoiros. Falou con La Opinión e con La Voz de Galicia, entre outros medios. 

miércoles, 20 de octubre de 2021

MASTER CLASS CON JAVIER GÓMEZ NOYA


 Hoxe, mércores 20 de outubro, os alumnos/as de 3º de ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla por videoconferencia con Javier Gómez Noya, o triatleta cinco veces campión do mundo e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres de 2.012. Uníronse tamén máis tarde alumnos/as de 1º de ESO.

A charla foi seguida de xeito simultáneo por estudantes de institutos de Lugo, Vigo, A Cañiza, Santiago e o noso, entre outros.

Entrega de premio a Lara Pinciroli de 4º ESO

 O luns 18 de outubro a nosa alumna Lara Pinciroli, de 4º de ESO, recibiu un premio por ter gañado o pasado curso o concurso de carteis da Organización de Doazón de Órganos e Trasplantes.

Acompañóu á alumna a recoller o premio no CHUAC a profesora de Bioloxía e Xeoloxía Carmen Delgado.