domingo, 21 de mayo de 2023

Graduación de 2º Bach

 

Este pasado venres 19 de maio tivo lugar a entrañable celebración da graduación do grupo de 2º Bacharelato. Foi unha celebración chea de moi bonitos momentos, como o discurso de Xabier Ramas en representación dos seus compañeiros e compañeiras, a entrega de diplomas e orlas (xunto cun "retrato individualizado realizado por Miao Chen, alumna  de 3º ESO), as logradas interpretacións musicais dirixidas polo profesor Pedro López Marqués e tamén os discursos de directora e da titora. E sen esquecer a ben medida e divertida presentación de todo o acto realizada por Darío e Rachel. 

Preciosos e prezados momentos. 

Podedes ver fotos e vídeos do acto neste enlace a un drive compartido e tedes acceso á noticia en La Voz de Galicia

 

viernes, 12 de mayo de 2023

Visita á Cidade Medieval

 Hoxe, 12 de maio, o alumnado de 2º ESO realizou unha visita á Cidade Medieval, dentro das actividades organizadas polo Concello de A Coruña.

miércoles, 10 de mayo de 2023

Visita ao Planetario e Casa das Ciencias

 O mércores 10 de maio o alumnado de 1º da ESO e o que cursa Historia de 1º Bacharelato visitaron a Casa das Ciencias e o Planetario.

Esta unha actividade programada polo Departamento de Xeografía e Historia.


Presentación de Proxectos en Galiciencia

  Dende o 10 ata o 12 de maio catro alumnas do noso centro estarán presentando os seus proxectos en Galiciencia, en Tecnópole, Ourense.






Ademáis, o xoves 11 un grupo de alumnos/as visitarán a que é a maior feira científica de Galicia.

Proxecto Snacks Saudables de FPBásica de Electricidade e Electrónica

 O martes 9 de maio os alumnos de 1º de FPBásica de Electricidade e Electrónica se desprazaron ao CIFP Paseo das Pontes para preparar as súas receitas saudables dentro do proxecto Snacks Saudables do Open Schooling Make It Open en colaboración coa MakerDomus.

Organiza a actividade a profesora Inés Naya.






lunes, 8 de mayo de 2023

Día da Ciencia na Rúa 2023

 O 6 de maio celebrouse o Día da Ciencia na Rúa, no Parque de Santa Margarita.

O noso centro estivo representado por un grupo de alumnos/as xunto co profesor de Física e Química Jacobo Otero,  pasaron o día no stand que montaron e que tivo moito éxito.

Parabéns aos participantes!