miércoles, 31 de enero de 2024

ACTIVIDADES CURSO 23-24

 Resumo das actividades levadas a cabo nos primeiro e segundo trimestres do curso 2023-2024:


No presente curso tivemos varias actividades coma, por exemplo, o 17 de outubro unha charla online en 2º Bacharelato sobre saúde mental con Miguel Ángel Muñoz.

O mércores 25 de outubro o profesorado de Ciclos participó en Galicia Skills.

Entre outubro e novembro, varios grupos de ESO e de Bacharelato visitaron a exposición "Symphony" nos Xardíns de Méndez Núñez.

En novembro tivemos unha andaina contra a violencia de xénero, unha performance polo 25 N, a participación no Concurso Galego de Robótica, a asistencia ao concerto da Banda Aldaolado, unha saída a Cabo Ortegal, Charlas sobre acoso escolar, visita á DOMUS, unha charla sobre o Parlamento por parte de exdiputadas e unha actividade de Emprendemento no Papagaio.




En decembro o departamento de Relixión organizou unha saída a Betanzos, o Club de Ciencia foi a Xanceda, o alumnado bilingüe visitou o Planetario, houbo unha saída a presenciar os ensaios da OSG no Palacio da Ópera, en Ciclos visitaron Muditel.










Visita a Ourense por parte do alumnado de 1º BACH:



Asistimos ao teatro en francés:



domingo, 25 de junio de 2023

Despedida 4º ESO

 

O martes 21 na tarde celebramos unha entrañable despedida do alumnado de 4º ESO no Salón de actos do centro. 

Nel houbo simpáticos e emotivos discursos (Antón, Karima, Heylin e tamén a directora), vídeos e entrega de diplomas. 

O acto estivo magnificamente  organizado polo propio alumnado de 4º ESO, o cal non quixo deixar pasar  a ocasión para despedirse dos compañeiros e compañeiras que se irán a estudar algún ciclo medio ou a outros centros. 

Que vos vaia moi ben!

viernes, 23 de junio de 2023

Guiando a exposición de Lugrís

 


No marco do Contrato programa Inclúe, realizamos unha xornada final en torno á figura de Urbano Lugrís. Alumnado de 1º B e 2º B actuaron como guías de exposición permanente "Océano Lugrís" para alumnado do IES Rafael Dieste que tamén participaron activamente nos seus contratos programas en actividades do seu centro. 

Despois de tomarse unha merenda, todo o grupo marchou xunto ao Museo de Belas Artes e a Fundación A Banca para continuar vendo pinturas e murais de Urbano Lugrís. 

Rematouse o encontro cun sinxelo xantar no parque de Santa Margarita. 


viernes, 16 de junio de 2023

Camiño de Santiago. Proxecto Terra

 Un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO fixeron, os días 13 e 14 de xuño, un tramo do Camiño de Santiago acompañados por dúas profesoras.

Remataron así a súa participación no Plan Proxecta, coordinado por Proxecto Terra.



lunes, 5 de junio de 2023

Presentación de proxecto gañador de Imaxina na Zientzia Azoka de Bilbao

 Os alumnos de 3º ESO Hugo e Marta presentaron durante o pasado fin de semana o seu proxecto, Coruña de los Coruñeses, na feira científica Zientzia Azoka de Bilbao.Este traballo foi vencedor na pasada edición de Imaxina.






domingo, 4 de junio de 2023

I Torneo Intercolexial de Frisbee

 O sábado 3 de xuño participamos con dous equipos no I Torneo Intercolexial de Frisbee, na praia de Sabón. Este torneo está organizado por Polbo Ultimate.

Esperamos seguir participando nas próximas edicións logo do éxito da actividade, que combina convivencia con alumnado de outros centros da provincia e deporte.


domingo, 21 de mayo de 2023

Graduación de 2º Bach

 

Este pasado venres 19 de maio tivo lugar a entrañable celebración da graduación do grupo de 2º Bacharelato. Foi unha celebración chea de moi bonitos momentos, como o discurso de Xabier Ramas en representación dos seus compañeiros e compañeiras, a entrega de diplomas e orlas (xunto cun "retrato individualizado realizado por Miao Chen, alumna  de 3º ESO), as logradas interpretacións musicais dirixidas polo profesor Pedro López Marqués e tamén os discursos de directora e da titora. E sen esquecer a ben medida e divertida presentación de todo o acto realizada por Darío e Rachel. 

Preciosos e prezados momentos. 

Podedes ver fotos e vídeos do acto neste enlace a un drive compartido e tedes acceso á noticia en La Voz de Galicia