domingo, 25 de junio de 2023

Despedida 4º ESO

 

O martes 21 na tarde celebramos unha entrañable despedida do alumnado de 4º ESO no Salón de actos do centro. 

Nel houbo simpáticos e emotivos discursos (Antón, Karima, Heylin e tamén a directora), vídeos e entrega de diplomas. 

O acto estivo magnificamente  organizado polo propio alumnado de 4º ESO, o cal non quixo deixar pasar  a ocasión para despedirse dos compañeiros e compañeiras que se irán a estudar algún ciclo medio ou a outros centros. 

Que vos vaia moi ben!

viernes, 23 de junio de 2023

Guiando a exposición de Lugrís

 


No marco do Contrato programa Inclúe, realizamos unha xornada final en torno á figura de Urbano Lugrís. Alumnado de 1º B e 2º B actuaron como guías de exposición permanente "Océano Lugrís" para alumnado do IES Rafael Dieste que tamén participaron activamente nos seus contratos programas en actividades do seu centro. 

Despois de tomarse unha merenda, todo o grupo marchou xunto ao Museo de Belas Artes e a Fundación A Banca para continuar vendo pinturas e murais de Urbano Lugrís. 

Rematouse o encontro cun sinxelo xantar no parque de Santa Margarita. 


viernes, 16 de junio de 2023

Camiño de Santiago. Proxecto Terra

 Un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO fixeron, os días 13 e 14 de xuño, un tramo do Camiño de Santiago acompañados por dúas profesoras.

Remataron así a súa participación no Plan Proxecta, coordinado por Proxecto Terra.



lunes, 5 de junio de 2023

Presentación de proxecto gañador de Imaxina na Zientzia Azoka de Bilbao

 Os alumnos de 3º ESO Hugo e Marta presentaron durante o pasado fin de semana o seu proxecto, Coruña de los Coruñeses, na feira científica Zientzia Azoka de Bilbao.Este traballo foi vencedor na pasada edición de Imaxina.






domingo, 4 de junio de 2023

I Torneo Intercolexial de Frisbee

 O sábado 3 de xuño participamos con dous equipos no I Torneo Intercolexial de Frisbee, na praia de Sabón. Este torneo está organizado por Polbo Ultimate.

Esperamos seguir participando nas próximas edicións logo do éxito da actividade, que combina convivencia con alumnado de outros centros da provincia e deporte.