domingo, 21 de noviembre de 2021

Exitosa participación en EN-RED-ADAS NO CAMBIO

Este venres pasado celebrouse o Día do emprendemento feminino e con ese motivo realizouse un concurso quiz kahoot "En-red-adas No Cambio" no que participaron varios grupos de Ciclos formativos do centro. 

Grupo de ITC xogando
  Pablo Balseiro e Guido Calvo, de 2º STI, quedaron de terceiros de entre os vinte grupos participantes. Noraboa!

  A actvidade foi organizada pola Fundación Taller de Solidaridad


  E no noso centro promoveuna a profe Carmen Gallego. Moitas grazas!

viernes, 19 de noviembre de 2021

jueves, 18 de noviembre de 2021

Co grupo Zënzar no insti

 O pasado martes pola tarde o alumnado de 4º ESO puido escoitar en vivo ao grupo Zënzar.


Zënzar, unha lenda do rock en galego de Cerceda (A Coruña), formados en 1987. Empezaron chamándose Mördor. En todo caso, son o grupo de rock en gallego máis veterano e en activo. 

martes, 16 de noviembre de 2021

De leria con Antón Riveiro Coello

 


Cóntanos Uxía Saavedra: 

"O luns 15, o alumnado de 2º de Bacharelato tivemos o pracer de recibir a Antón Riveiro Coello, un gran escritor con moita historia ás suas costas! 

Durante a charla cóntanos de onde veu a sua maior inspiración, os seus sonos cando era mais novo e como o seu camiño foi cambiando a medida que ia atopando a súa verdadeira aspiración. 

Sen dúbida, en todo momento mostrouse coma unha persoa moi cercana e cun sentido do humor infinito, o que axudou a que nos interesaramos por cada anécdota que nos contaba entre sorrisos. 

Visita ao Centro Mans

 

El lunes 15 de noviembre, el alumnado de 2º STI A y B, de 2º ITC y de 1º MEL han ido a visitar el Centro de Iniciativas empresariales Mans que la Fundación Paideia pone en marcha ya que uno de los ejes de su actuación es el emprendimiento. La fundación Paideia tiene como misión promover la igualdad de oportunidades y favorecer el desarrollo personal y social, mediante la creación de propuestas y/o proyectos innovadores.

Esta visita se promovió por el aula de emprendimiento del Urbano Lugrís en cooperación con el departamento de FOL y es una actuación cofinanciada por el Ministerio de Educación y Formación Profesional para el crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad y por la Unión Europea NextGenerationEUDos componentes del claustro del Instituto que también forman parte de la actividad aulas de emprendemento acompañaron al alumnado en esta visita.

sábado, 13 de noviembre de 2021

Charla de Xurxo Lorenzo e Juan Otero


 O 11/11/2021 Xurxo Lorenzo e Juan Otero da Compañía UNEX estiveron no IES URBANO LUGRIS cos estudantes de 2º curso dos ciclos superiores do SEA, STI e ARI. Faláronnos sobre: ​​bandexas e canles de protección, nos sectores: terciaria e industrial; Mostráronnos ferramentas en liña para o cálculo e elección de materiais, resolveron dúbidas. Mais non só falaban... Trouxeron bandexas, canles, fixadores etc para que puidésemos velos e tocalos.