domingo, 16 de junio de 2024

Guiando pola exposición Océano Lugrís

O pasado martes 4 de xuño foi un día intenso para o alumnado que se estivo formando durante gran parte do curso -baixo a batuta de Cristina de la Torre- para facer a visita guiada polos sete módulos que conforman a exposición Océano Lugrís que temos no centro desde o 2014-15.

Primeiramente recibimos ao alumnado de 6º primaria do CEIP Sagrada Familia, que o curso que vén será alumnado do noso centro. Alumnado de 1º ESO B amosoulles en grupo as principais espazos do centro relacionados co aspecto académico e a continuación o alumnado que se formou co contrato programa Innova (Eduexcelencia) o Océano Lugrís.


 





E non acabou aquí a cousa, posto que logo chegou alumnado do IES Rafael Dieste (axudantes de biblioteca), ensinóuselles a exposición completa e logo foron en bus ata o castelo de San Antón e outros lugares de Coruña relacionados co pintor Urbano Lugrís. 




domingo, 2 de junio de 2024

En honor a Luísa Villalta (Aulas en feminino)



O pasado martes 28 de maio tivo lugar un precioso acto no que participou alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato en homenaxe a Luísa Villalta. 
A profesora de Economía Montse Dopico, e autora de "Abonda con vivir", guiou o acto, facéndolle  unha entrevista á profesora de música Beatriz López-Suevos, quen foi compañeira de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, e completando ao final cunha charla sobre ela. 
No acto tamén participou alumnado de 4º ESO. Miao Chen tocou varias pezas ao violín acompañada de Beatriz López- Suevos ao piano. Foron pezas musicais que lle gustaban a Luísa Villalta, que era moi boa violinista. E así mesmo houbo un pequeno recital de poemas da autora homenaxeada. 
Acabamos o acto inaugurando unha aula en feminino (a 201) co nome de Luísa Villalta. 

lunes, 27 de mayo de 2024

Erasmus+: Job Shadowing en Helsinki

 Este curso, do 15 ao 19 de abril, o noso centro participou nun programa Erasmus+ do CFR de A Coruña, consistente nun Job Shadowing en tres centros educativos de Helsinki.

Participamos xunto con outros 14 profesores/as da provincia de A Coruña.


Coñecimos o sistema educativo finlandés por medio de presentacións, visitas e percorridos con alumnado de cada centro e asistencia a clases de distintas materias. 

Puxemos en común as estratexias organizativas e educativas de cada un dos nosos centros e fixemos  comparativas cos de Finlandia.

No seguinte enlace tedes máis información:

https://docs.google.com/presentation/d/17TtGgrwHRmtWHOF0tg869XmtNFuVvbBCNr_p_IiKUZA/edit#slide=id.g2d1ff77b3c5_0_0

jueves, 23 de mayo de 2024

Actividades do terceiro trimestre

 No terceiro trimistre, comezamos as actividades extraescolares coa tradicional visita de 4º de ESO ao rocódromo de Riazor





Recibimos charlas informativas sobre o programa PILABOT




Ademáis, o alumnado de 4º ESO participou nunha actividade de danza








domingo, 31 de marzo de 2024

Final de xadrez con Edda Beltrán (e Aula en feminino)



O pasado mércores 20 de marzo tivo lugar a semifinal do torneo de xadrez do centro, o máis exitoso de participantes dos últimos anos. 

Estivo acompañándonos Edda Beltrán, xadrecista recoñecida e ex-profesora do noso centro hai moitos anos. 

Edda Beltrán deu unha charla, xogou ao xadrez con algúns rapaces e inaugurou un taller en feminino (Taller 18, a aula de tecnoloxía).

Foi un pracer tela entre nós. 

miércoles, 31 de enero de 2024

ACTIVIDADES CURSO 23-24

 Resumo das actividades levadas a cabo nos primeiro e segundo trimestres do curso 2023-2024:


No presente curso tivemos varias actividades coma, por exemplo, o 17 de outubro unha charla online en 2º Bacharelato sobre saúde mental con Miguel Ángel Muñoz.

O mércores 25 de outubro o profesorado de Ciclos participó en Galicia Skills.

Entre outubro e novembro, varios grupos de ESO e de Bacharelato visitaron a exposición "Symphony" nos Xardíns de Méndez Núñez.

En novembro tivemos unha andaina contra a violencia de xénero, unha performance polo 25 N, a participación no Concurso Galego de Robótica, a asistencia ao concerto da Banda Aldaolado, unha saída a Cabo Ortegal, Charlas sobre acoso escolar, visita á DOMUS, unha charla sobre o Parlamento por parte de exdiputadas e unha actividade de Emprendemento no Papagaio.




En decembro o departamento de Relixión organizou unha saída a Betanzos, o Club de Ciencia foi a Xanceda, o alumnado bilingüe visitou o Planetario, houbo unha saída a presenciar os ensaios da OSG no Palacio da Ópera, en Ciclos visitaron Muditel.










Visita a Ourense por parte do alumnado de 1º BACH:



Asistimos ao teatro en francés:



domingo, 25 de junio de 2023

Despedida 4º ESO

 

O martes 21 na tarde celebramos unha entrañable despedida do alumnado de 4º ESO no Salón de actos do centro. 

Nel houbo simpáticos e emotivos discursos (Antón, Karima, Heylin e tamén a directora), vídeos e entrega de diplomas. 

O acto estivo magnificamente  organizado polo propio alumnado de 4º ESO, o cal non quixo deixar pasar  a ocasión para despedirse dos compañeiros e compañeiras que se irán a estudar algún ciclo medio ou a outros centros. 

Que vos vaia moi ben!