domingo, 2 de junio de 2024

En honor a Luísa Villalta (Aulas en feminino)



O pasado martes 28 de maio tivo lugar un precioso acto no que participou alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato en homenaxe a Luísa Villalta. 
A profesora de Economía Montse Dopico, e autora de "Abonda con vivir", guiou o acto, facéndolle  unha entrevista á profesora de música Beatriz López-Suevos, quen foi compañeira de Luísa Villalta no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, e completando ao final cunha charla sobre ela. 
No acto tamén participou alumnado de 4º ESO. Miao Chen tocou varias pezas ao violín acompañada de Beatriz López- Suevos ao piano. Foron pezas musicais que lle gustaban a Luísa Villalta, que era moi boa violinista. E así mesmo houbo un pequeno recital de poemas da autora homenaxeada. 
Acabamos o acto inaugurando unha aula en feminino (a 201) co nome de Luísa Villalta. 




 




No hay comentarios:

Publicar un comentario