miércoles, 20 de octubre de 2021

MASTER CLASS CON JAVIER GÓMEZ NOYA


 Hoxe, mércores 20 de outubro, os alumnos/as de 3º de ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla por videoconferencia con Javier Gómez Noya, o triatleta cinco veces campión do mundo e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres de 2.012. Uníronse tamén máis tarde alumnos/as de 1º de ESO.

A charla foi seguida de xeito simultáneo por estudantes de institutos de Lugo, Vigo, A Cañiza, Santiago e o noso, entre outros.





Este excepcional deportista, fillo predilecto de Ferrol, falou da súa adicación ao deporte dende unha idade moi temperá, e da importancia da alimentación para unha vida saudable. Tamén contou cómo é a vida do deportista profesional de elite, as renuncias que tivo que facer, cómo compaxinou o deporte e os estudos e lembrou as súas experiencias máis satisfactorias e as máis duras.






A charla de Javier Gómez Noya foi precedida pola  dunha nutricionista, despois os rapaces e rapazas de todos os  institutos galegos asistentes puideron facer as súas preguntas. O noso alumnado participóu tamén, facéndolle preguntas moi acertadas ao triatleta.





No hay comentarios:

Publicar un comentario