martes, 16 de noviembre de 2021

De leria con Antón Riveiro Coello

 


Cóntanos Uxía Saavedra: 

"O luns 15, o alumnado de 2º de Bacharelato tivemos o pracer de recibir a Antón Riveiro Coello, un gran escritor con moita historia ás suas costas! 

Durante a charla cóntanos de onde veu a sua maior inspiración, os seus sonos cando era mais novo e como o seu camiño foi cambiando a medida que ia atopando a súa verdadeira aspiración. 

Sen dúbida, en todo momento mostrouse coma unha persoa moi cercana e cun sentido do humor infinito, o que axudou a que nos interesaramos por cada anécdota que nos contaba entre sorrisos. 


Contounos tamén a historia do libro "O paraíso dos inocentes", unha historia verdadeiramente conmovedora que conta dunha forma valerosa entre as páxinas que a constrúen: a dor dun pai, experiencias vividas, a voz do medo, o terrorismo… temas que moitos autores non se atreven a usar nas súas obras. 

Quedámonos cunha gran frase que dixo: "Sempre pensamos que o mar é liberdade e, ás veces, é unha fronteira”. Unha cita que conta con sutileza o contido do libro en poucas palabras. 

Un autor agradable, cercano, interesante e cun sorriso infinito, grazas Antón! "






Todo un honor e un pracer sereno compartir momento de vida con Antón!

E grazas ás Xulias (do Concello e do noso centro) por organizalo  e aUxía por contárnolo!


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario