viernes, 19 de noviembre de 2021

Visita do alumnado de 4º ESO ao Pazo de Meirás (por Jorge Gutiérrez Carollo)

 O xoves 18 de novembro, 4º da ESO realizou unha visita guíada ao Pazo de Meirás complementaria á asignatura de Lingua Castelá e Literatura.

O alumnado e profesorado que asistiu visitou a entrada e os exteriores do Pazo, mentres un guía explicaba a historia do mesmo, dende a súa construción ata a súa situación actual, centrándose na época da escritora Emilia Pardo Bazán, contándonos as súas vivencias e a situación do Pazo na ditadura franquista. Aprenderon tamén sobre como a arquitectura ten mensaxes sobre quen e como era dona Emilia e sobre a súa obra.

A continuación, accederon ao vestíbulo, dende o cal veron algunha sala da casa con ambientación do século XIX e continuaron aprendendo sobre a historia deste lugar de tan elevado interés cultural, literario, histórico… Despois, viron a capilla de dona Emilia, á que tanto amor tiña. Aínda que, por desgraza, non puideron ver por dentro a totalidade do complexo, foi moi enriquecedor ver tan só estas zonas. Logo, pasearon polos xardíns espectaculares e maxestosos do Pazo, aprendendo sobre a curiosa flora que alí habita: cocoteiros, bambú, caquis…


Foi unha experiencia inolvidable e moi enriquecedora que o alumnado lembrará ao estudar a vida e obra da importante autora coruñesa, Emilia Pardo Bazán. Estamos desexando poder volver cando sexa posible para ver todo o interior!


Jorge Gutiérrez Carollo 4º ESO



No hay comentarios:

Publicar un comentario