sábado, 5 de febrero de 2022

En conmemoración das vítimas do holocausto


Con motivo do 77 aniversario da liberación do campo Auschwitz-Birkenau, o noso IES, e especialmente a Comisión de Igualdade do centro, conmemorou este 27 de xaneiro, o DÍA DAS VITIMAS DO HOLOCAUSTO cunha exposición de fotos sobre o tema e outra de carteis, máis concreta sobre Mathausen, esta última proporcionada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).


Como complemento ao préstamo dos carteis, dita asociación ofreceunos unha charla o 1 de febreiro, á que asistiu o alumnado de 1º ESO A e FPB I Informática de Oficina. Os poñentes foron Dona Carmen García Rodeja, presidenta da ARMH e Don José Luis Alamán, neto de Martín Ferrerio Álvarez, deportado e morto en Mathausen o 27-11-1941, membro da última corporación municipal democrática da Coruña, presidida por Alfredo Suárez Ferrín, asasinado o 31 de agosto de 1936.

 

 (Podedes ver máis fotos en "O holocausto visto no Lugrís"


A charla comezou cunha breve introdución de Dona Carmen García-Rodeja sobre as circunstancias que levaron aos republicanos españois, primeiro aos campos de refuxiados franceses, comparando as pésimas condicións neses campos cos actuais en Grecia ou Italia. 

Don José Luis Alamán explicou a vida do seu avó, desde que tivo que fuxir da Coruña nada máis iniciada a Guerra Civil, a súa participación en varias batallas, entre elas, na fronte de Madrid, o seu internamento, primeiro nun campo francés e iniciada a II Guerra Mundial, e tras a negativa do franquismo a repatriar aos españois varóns, o seu paso por Mathausen (un mes) e logo por Gussen, onde morreu tras once meses de sufrimentos e penalidades o 27-11-1941.



Seguiron varias preguntas do alumnado, sobre a súa visión como neno polo vivido polo seu avó, o sufrimento e represión da familia na Coruña durante a ditadura franquista, ou se estes terribles feitos son coñecidos pola maioría da sociedade.... que deron lugar a un animado coloquio.

Ambos poñentes resaltaron en toda a ponencia a importancia da democracia, dos dereitos humanos, da memoria, de non esquecer a historia para non repetila..... e especialmente recalcaron aos rapaces

ESPAÑA SERÁ O QUE VOS QUEIRADES, O FUTURO ESTÁ NAS VOSAS MANS

O IES URBANO LUGRÍS agradece profundamente a charla recibida e o labor da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e dos seus membros.

Moitas grazas á profesora Ángeles Castro, pola paixón e bo facer cos que organizou estas actividades. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario