viernes, 1 de abril de 2022

I SEMANA CULTURAL DA ENERXÍA

 A semana do 21 ao 25 de marzo celebramos a primeira SEMANA CULTURAL, centrada no tema da enerxía.



Todo o alumnado participou en diversas actividades relacionadas co tema central nas súas variantes: a enerxía eléctrica, solar, a do mar, a artística, a vital...




Os departamentos colaboraron moi activamente na organización das actividades e levaron ao alumnado a varias saídas: Cidade Medieval, Muros, Cabana de Bergantiños, Castro de Elviña e Museo de San Antón, Palacio da Ópera.

Tamén tivemos almorzos saudables na cafetería, prácticas de enerxía no laboratorio, cine, obradoiros de zumba, graffiti, stencil e tatuaxe de henna, concerto na entrada do instituto, exposicións sobre a obtención do almidón a partir dun experimento feito polo alumnado de Bioloxía, outra sobre enerxía lumínica, unha da Escola de  Enxeñería de Minas e unha mostra de cociñas solares.

Ademáis, algúns grupos de ESO visitaron os talleres de Ciclos.


                                      DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO





                                                    EXPERIMENTO DE BIOLOXÍA


OBRADOIRO DE ZUMBA








OBRADOIRO DE GRAFFITI




CHARLA  A CHISPA AZUL: A ENERXÍA DO MAR



                                      EXPOSICIÓN E DEMOSTRACIÓN COCIÑAS SOLARES





No hay comentarios:

Publicar un comentario