domingo, 24 de abril de 2022

Pavillón "Sofía Toro"

Este pasado xoves 21 a deportista Sofía Toro estivo no noso centro para inaugurar o nomeamento do noso pavillón co seu nome, seguindo co proxecto de Aulas en feminino, que xa leva unha andaina de tres cursos. 

Sofía, respondendo a preguntas do alumnado, contounos moitos detalles do deporte de vela, da súa rutina de adestramento, dos seus valores, das viaxes, das súas rivais australianas, da competición nas Olimpiadas de Londres que lles conduciu, a ela e as súas compañeiras, a obter a medalla de ouro olímpica. Foi moi natural, cercana, amena e interesante para o atento alumnado de 2º ESO que lle escoitaba e tamén para o profesorado que a acompañamos no acto. 

Esta actividade forma parte do Contrato programa Iguála-t.





Grazas, @sofiatoropp, pola túa xenerosidade e por colaborar co noso proxecto de #AulasEnFeminino. https://t.co/aRTSbeVOhK   (https://twitter.com/IESUrbanoLugris/status/1517145373826977793?t=Ff8v39G15224UEMhQNH4gw&s=03











No hay comentarios:

Publicar un comentario