miércoles, 8 de junio de 2022

Charla coa historiadora Daniela Ferrández


O luns 6 de xuño, durante o mes do orgullo, visitounos Daniela Ferrández para falarnos dunha temática moi interesante e importante que trata no seu último libro A defunción dos sexos, a historia das persoas disidentes sexuais na Galiza contemporánea. 

Ás veces cando falamos de persoas LGTBI+ en xeral e de persoas trans en particular, parece que é algo moi novo e moderno, pero a realidade é que estas persoas levan estando na historia dende sempre, moito máis do que pensamos. Daniela falounos de tempos da II República, e por ese entón xa había moitos referentes. Tamén mencionou que a medida que pasaron os anos da ditadura franquista, a represión foi aumentando, e destacou unha idea moi importante sobre a historia; non é unha liña recta dende o inferno ata o paraíso na que as cousas sempre van a mellor a medida que pasa o tempo, senón que ten importantes altibaixos, por iso nunca podemos dar por garantizados os nosos dereitos e debemos seguir loitando por eles. 

Esta actividade forma parte do Club de lectura e tamén do Contrato programa Iguála-t.

Inauguramos unha nova aula en femenino no seu honor e a nosa biblioteca acolle exemplares do seu libro. Moitas grazas, Daniela!

(Narrado por Aura Gutiérrez Carollo)









Todo un pracer este tempo compartido con Daniela Ferrández!




No hay comentarios:

Publicar un comentario