domingo, 21 de mayo de 2023

Graduación de 2º Bach

 

Este pasado venres 19 de maio tivo lugar a entrañable celebración da graduación do grupo de 2º Bacharelato. Foi unha celebración chea de moi bonitos momentos, como o discurso de Xabier Ramas en representación dos seus compañeiros e compañeiras, a entrega de diplomas e orlas (xunto cun "retrato individualizado realizado por Miao Chen, alumna  de 3º ESO), as logradas interpretacións musicais dirixidas polo profesor Pedro López Marqués e tamén os discursos de directora e da titora. E sen esquecer a ben medida e divertida presentación de todo o acto realizada por Darío e Rachel. 

Preciosos e prezados momentos. 

Podedes ver fotos e vídeos do acto neste enlace a un drive compartido e tedes acceso á noticia en La Voz de Galicia

 
En varios momentos fíxose homenaxe ao pintor Urbano Lugrís, de quen se cumpren 50 anos do seu falecemento.






Agora teñen que poñerse a prepararse para as ABAU ou aquelas poucas materias que lles quedasen pendentes. Desexámoslle moita fortuna no novo camiño que agora emprenden;) 






No hay comentarios:

Publicar un comentario