sábado, 26 de febrero de 2022

Entroido no Lugrís

 
 Ao fin neste curso puidemos volver celebrar o Entroido, con concurso incluido. Por sorte, o ambiente festivo contaxiou a todo o mundo e puidemos desfrutar de desfile de disfraces, concurso, premios e tamén un pouquiño de tempo ao aire libre. 
Moitas grazas a todos pola participación, incluidas conserxes e administrativos! E, por suposto tamén ás rapazas e rapaces de 3º ESO e algún outros que tanto axudaron a decorar o centro para a ocasión :)

Aquí podedes ver máis fotos do Entroido

No concurso, o xurado composto polos profes: Borja Rodríguez, Susana Barreiro e Pedro Lopez decidiu que os reñidos premios foran para: 


- Na categoría individual: 

  1º premio: Elisa Fernández Rodríguez, de 2º ESO A

  2º premio: Juan José Pereira Rodríguez, de 1º ESO B



- Na categoría de grupos: 

   1º premio: Darío Rodríguez (1º Bach) e Enrique Cassiano dos Santos (4º ESO)

   2º premio: Mar Botas e Catuxa Aradas, de 2º ESO B

   3º premio: 2º FPBásica Electricidade

   Mención de honor: 2º Bach

   Mención de honor: profes Red Bull ;)







- O disfraz máis enérxico: 

  Karima El Atrach e Antón Vázquez, de 3º ESO A



Axiña teremos novas actividades! 
Feliz Entroido!





No hay comentarios:

Publicar un comentario