viernes, 25 de febrero de 2022

Obradoiros Iguála-t con Arelas

O pasado xoves 24, parte do alumnado do IES Urbano Lugrís tivo a sorte de recibir unha charla sobre diversidade sexual e de xénero por parte de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. Esta organización galega de familias de menores trans traballa e loita polos dereitos e liberdades dos menores trans en todos os ámbitos da súa vida.

Cristina Palacios explicou ao alumnado, entre outras cousas, qué é ser intersexual e os diferentes tipos de intersexualidade, así coma as patoloxizantes prácticas que aínda a día de hoxe realízanse en todo o Estado aos bebés intersexualis para tratar de encaixalos nun binarismo tan dañino.

Tamén explicou a realidade trans na infancia. Falounos da súa filla, Sara, que xa sabía a súa identidade de xénero dende os 4 anos, e contounos diversas anécdotas, moitas delas desgraciadamente dolorosas, coas que moitos nenxs poden sentirse identificadxs.

É moi importante que a mocidade reciba este tipo de charlas, para que todxs aprendamos sobre outras realidades e para que a infancia trans saiba que non está soa, non é rara nin está enferma e que hai moitas persoas dispostas a acompañala e a loitar polos seus dereitos. Moitas grazas a Cristina Palacios e a ARELAS. 

Esperamos que volvades pronto ao noso centro!

 Por: Jorge Gutiérrez Carollo, 4º ESO

Cristina Palacios estivo no noso centro o pasado xoves 24 de febreiro e mais o venres 18. Impartiu charlas en 2º FPB Informática e Electricidade e tamén 2º ESO A e B, 3º ESO A e B e en 4º ESO.








Moitas grazas, Cristina!





No hay comentarios:

Publicar un comentario