O pasado mércores 11 de xaneiro tivemos o pracer de que Sonia Maroño Filgueiras inaugurara o taller 16, do ciclo de Mantemento electromecánico (MEM)
Previamente Sonia Maroño impartiu unha charla no Salón de actos na que participou alumnado de MEM e de 4º ESO B. Nela contounos a súa traxectoria como oficial e como xefa de máquinas en diversos buques e tamén un pouco sobre o seu traballo actual en As Pontes. Comunicounos o seu gusto polo traballo no mar malia os inconvenientes que ás veces implica.
Agradecemos moito que compartira as súas vivencias no mar, desde a sala de máquinas ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario