Hoxe celebróuse a segunda sesión do torneo de xadrez do curso 22-23 no recreo.
Este ano temos unha participación moi elevada de alumnado tanto da ESO coma de Ciclos e Bacharelato. Destacamos a boa organización por parte do profesorado encargado desta actividade.
E hoxe tamén houbo reunión do Club de Lectura coma tódolos mércores.
Os participantes están a ler poemas en inglés de Rupi Kaur e están tamén escribindo os seus poemas en galego, castelán e inglés cos temas utilizados pola autora norteamericana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario