miércoles, 19 de abril de 2023

II SEMANA CULTURAL. DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

 


A semana do 27 ao 31 de marzo celebramos a II Semana Cultural, este curso adicada ó Desenvolvemento Sostible.

Coincidíu ademáis coa visita de intercambio dun grupo de estudantes italianos, que se incorporou a 3º ESO A e realizaron conxuntamente con eles a maioría das actividades.

Realizamos actividades moi diversas como conferencias: "Cambio climático", a cargo de Carlos Pérez Collazo de Enxeñería de Minas, e "Aspectos medioambientais na explotación de recursos", por Elena Alonso, da Universidade de Vigo





Tivemos tamén exposicións, saídas ao teatro (no Ágora e no Fórum Metropolitano), almorzos e merendas sostibles, saída de roteiro Santa Cristina- Santa Cruz:













Obradoiros de stencil:









 Obradoiros de ioga e de zumba no pavillón:






Obradoiro de rap:





Obradoiros de impresión en 3D con material reciclado, colaborando alumnado de Ciclos e de ESO e bacharelato:






Xogos populares:









Ademáis houbo cine documental. obradoiro de física e química na DOMUS, obradoiro de microplásticos a cargo de profesorado da Universidade da Coruña, actuación musical e baile: 








Entrega de premios do torneo de xadrez, do concuso de entroido e de aulas ben coidadas:





miércoles, 8 de febrero de 2023

TORNEO DE XADREZ E CLUB DE LECTURA

 Hoxe celebróuse a segunda sesión do torneo de xadrez do curso 22-23 no recreo.

Este ano temos unha participación moi elevada de alumnado tanto da ESO coma de Ciclos e Bacharelato. Destacamos a boa organización por parte do profesorado encargado desta actividade.





E hoxe tamén houbo reunión do Club de Lectura coma tódolos mércores.

Os participantes están a ler poemas en inglés de Rupi Kaur e están tamén escribindo os seus poemas en galego, castelán e inglés cos temas utilizados pola autora norteamericana.



viernes, 13 de enero de 2023

Sonia Maroño inaugura o taller 16

O pasado mércores 11 de xaneiro tivemos o pracer de que Sonia Maroño Filgueiras inaugurara o taller 16, do ciclo de Mantemento electromecánico (MEM) 

Previamente Sonia Maroño impartiu unha charla no Salón de actos na que participou alumnado de MEM e de 4º ESO B. Nela contounos a súa traxectoria como oficial e como xefa de máquinas en diversos buques e tamén un pouco sobre o seu traballo actual en As Pontes. Comunicounos o seu gusto polo traballo no mar malia os inconvenientes que ás veces implica. 

Agradecemos moito que compartira as súas vivencias no mar, desde a sala de máquinas ;)


viernes, 23 de diciembre de 2022

Entrega de premios en Nadal

 

Rematamos o primeiro trimestre coa entrega de premios do Club de Ciencias, Aula de Emprendemento, Aulas Mellor Coidadas e Concurso de Microrrelatos.

Os premiados no Club de Ciencia foron : 

1º Premio: Sandra Suárez Rodríguez. 2º Premio:  Leo Vega Colmeiro. 3º Premio: Tania Fernández Blanco 


lunes, 12 de diciembre de 2022

Saída a Ourense


 O pasado mércores 7 de decembro o alumnado de  2º Bach foise de excursión a Ourense, como premio por ter ganado o concurso de Aulas ben coidadas do pasado curso. 

Visitaron a catedral de Ourense, pasearon pola cidade e déronse un baño nas termas.

 Acompañaron ao alumnado as profesoras Susana García e Mar Pérez.

Aquí podedes ver fotos:

lunes, 5 de diciembre de 2022

Senda azul, camiño ao respecto

 


O xoves 1 de decembro o alumnado de 1º ESO levou a cabo unha andaina que tiñamos prevista para o día 24 de novembro con motivo da conmemoración, o 25,  do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os alumnos/as, acompañados polas profesoras Carmen Delgado e Susana García, fixeron unha andaina entre Sabón e Valcovo.

martes, 1 de noviembre de 2022

Doces de Samaín e aulas terroríficas

Por segunda vez, celebramos este curso o Samaín con doces terroríficos. A cada curso superándonos, tanto en cantidade como en calidade ;)

O alumnado gañador foi: 

- A mellor receta: o cerebro de Daniela, Flor e Inés, de 2º ESO A


- A mellor decoración: o cementerio de Elisa , de 3º ESO.

- A máis terrorífica: as xeringuillas, de Valentina, de 3º ESO.

- A máis rica: o corazón, de Catuxa, tamén de 3º ESO.



Ademais, e sen previa convocatoria específica varias cursos decoraron magnificamente as súas aulas con motivos de terror. Terémolo en conta para o Concurso de A aula mellor coidada, que dura todo o curso. Nesta imprevista valoración parcial a aula ganadora é a de 2º ESO A.